Festa das Letras Galegas Plaza Elíptica

Festa das Letras Galegas Plaza Elíptica

Queres ver outro video do evento Festa das Letras Galegas Praza Elíptica? Pulsa aquí

Un ano máis, editorial Galaxia e centro comercial Praza Elíptica, celebran a súa particular homenaxe ás Letras Galegas cun espectáculo musical en directo, en galego e regalando libros para os nenos e nenas asistentes. Nesta ocasión acompañáronnos Xoan Curiel e Charo Pita coa súa homenaxe a Anton Fraguas, protagonistas ducha das novidades, en Galaxia: Canta, miña pedra, canta, de Xoán Curiel, é un libro-disco co que os nenos poderán achegarse á cultura galega coñecendo máis en profundidade a figura de Fraguas, tanto a través das versións dalgunha das súas cantigas como con letras inspiradas na súa figura. As vidas de…Antonio Fraguas, de Xosé A. Neira Cruz é unha biografía novelada chea de aventuras na que os rapaces coñecerán as moitas vidas dun home que fixo moitas cousas e sen o cal é imposible entender a Galicia dos nosos días.

Queres ver como o pasamos?  Faz clic na galeria.