APO’STROPHE.arte inaugura  “Os Montes de Lodeiro» de Correa Corredoira

APO’STROPHE.arte inaugura “Os Montes de Lodeiro» de Correa Corredoira

Cartel Correa

Os-Montes-de-Lodeiro

“Os Montes de Lodeiro” de Xabier Correa Corredoira.

Vigo 9/11/2019 “Os Montes de Lodeiro” é unha exposición individual do artista coruñés Correa Corredoira, na que nos presenta unha pequena retrospectiva da súa obra en homenaxe a o seu amigo Xosé Lodeiro.

«O día 14 de decembro de 2007, paseando con Berta Cáccamo pola mostra LODEIRO no CGAC compostelá, ficamos cravados diante de “Geo nº3,1977”, respirando en empático silencio un espazo levado pola luz ata o sublime. Este cadro vai a estar na presente mostra en Apóstrophe por cortesía da familia Lodeiro, acompañando as pinturas feitas por min en homenaxe a un dos artistas máis auténticos que tiven en sorte coñecer. No mesmo ano 2007 pintei “Montes de Lodeiro”, iniciando a presente serie,  aberta  o día de hoxe. Expúxenna en galería Atlántica e fundación Luís Seoane, ambas na Coruña, mais agora  é cando teño ocasión de mostrala en Vigo, cidade e ría que foron berce, camiño e mais estrela do noso admirado pastor de “silencios lumínicos”.»

Correa Corredoira

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 28 de novembro, en horario de 18:00 a 21:00 h de martes a sábado.

Apo’strophe.arte en CC Praza Elíptica. INAUGURAMOS o viernes 25 de octubre a las 20:30h Esperamos su presencia.

INAUGURAMOS o sábado 9 de novembro ás 20:30h. Non pudo asistir, deixamos unha selección de momentos únicos.